viernes, 30 de septiembre de 2011

PROGRAMA 1 DA 1ª TEMPADA

NO MES DE NOVEMBRO COMEZAMOS COA 1ª RECEITA E PROGRAMA,
COCIÑAMOS "BROCHETAS DE FROITOS DE OUTONO".



(por motivos de dereitos de audio, soamente podemos subir un fragmento do programa,
e debido ao peso do vídeo para subir ao blog  tivemos que reducir a calidade do mesmo)

ASÍ COMEZOU  EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

video

      


BROCHETA DE FROITOS DE OUTONO
TIPO DE RECEITA: POSTRE
DIFICULTADE: SINXELA
GUSTÓMETRO: RICA

EU COCIÑO, TI COCIÑAS? 1ª EDICIÓN

DURANTE O CURSO 2010-11, LEVOUSE A CABO NA AULA XUNTO CON PILI E NELLY, UN PROGRAMA DE COCIÑA, EU COCIÑO, TI COCIÑAS?
ESTE PROGRAMA XURDE NUNHA REUNIÓN DUN GRUPO DE MESTRAS E NO MARCO DUN SEMINARIO PERMANENTE DO CFR DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
SEGURAS DA MOTIVACIÓN DOS "ALIMENTOS"  E DAS POSIBILIDADES DIDÁCTICAS QUE OFRECE A "A COCIÑA" NOS ADENTRAMOS NO "ARTE DE COCIÑAR".
COMEZAMOS REALIZANDO RECEITAS SINXELAS (POUCOS UTENSILIOS E POUCOS INGREDIENTES), E POUCO A POUCO FORONSE COMPLICANDO TANTO NA SÚA REALIZACIÓN COMA NOS INGREDIENTES.
POSTERIORMENTE A CADA RECEITA ELABOROUSE O SEU RESPECTIVO PROGRAMA TV DE COCIÑA EN FORMATO VÍDEO-AUDIO. PARA ISO TIVEMOS QUE PRESENTAR, LEMBRAR, REDACTAR, ELABORAR LETRAS E BUSCAR MELODÍAS,...  ESTAS TIVEMOS A SORTE DE  CONTAR CON AXUDA, FORON ARRANXADAS, CANTADAS E TOCADAS POR GLORIA DO GRUPO INFANTIL MAMACABRA.

ESTOS PROGRAMAS FORON TODO UN ÉXITO ENTRE OS NENOS/AS, AS FAMILIAS E TODO AQUEL QUE TIVO A OPORTUNIDADE DE VELOS.
POUCO A POUCO IREMOS SUBINDO OS PROGRAMAS DO CURSO PASADO E AS NOVIDADES, PORQUE NESTE CURSO VOLVEMOS A COCIÑAR!!!

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

OLA!!!

OLA, BENVIDOS A ESTE BLOG DE COCIÑA.
SOMOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS DE INFANTIL DO CEIP DE SIGÜEIRO.
DURANTE O CURSO PASADO ESTIVEMOS A COCIÑAR E FIXEMOS UN PROGRAMA DE TV DE COCIÑA, CHÁMASE: EU COCIÑO, TI COCIÑAS? 
DENDE AQUÍ QUEREMOS COMPARTIR AS RECEITAS QUE COCIÑAMOS NA AULA NO CURSO PASADO E AS QUE COCIÑAREMOS ESTE ANO.

ESPERAMOS QUE SEXAN DO VOSO AGRADO!!!