viernes, 28 de octubre de 2011

CONTO DE... ?

HOXE ESCOITAMOS E REPRESENTAMOS UN CONTO, 

 CAL SERÁ?

POIS SÍ COMO IMAXINADES CON TANTA CABAZA POR CLASE E EN VÉSPERAS DO SAMAÍN, NON PODÍA SER OUTRO QUE UN CONTO DE CABAZAS  CORRE, CORRE CABACIÑA  DE OQO EDITORA.

FOMOS AO SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO E FIXEMOS DOUS PASES. TOD@S TIÑAMOS UN PAPEL E PARA NON ENSAIAR SAIU BASTANTE BEN. O QUE SE PRETENDÍA CON ESTA ACTIVIDADE NON ERA FACER UNHA "GRAN REPRESENTACIÓN", SENON POLO CONTRARIO REPRESENTAR EN EQUIPO UN CONTO COÑECIDO, DESENVOLVENDO COMPETENCIAS LINGUÍSTICAS, RESPETANDO TURNOS DE ACTUACIÓN E ESCOITANDO AOS COMPAÑEIR@S; SEN IMPORTAR "A PERFECCIÓN DO RESULTADO" E SÍ A PARTICIPACIÓN E DISFRUTE DOS NEN@S DURANTE A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE.

video
CORRE, CORRE CABACIÑA. VERSIÓN A.

video
CORRE, CORRE CABACIÑA. VERSIÓN B.


PARABÉNS ACTORES!!!
E CON ISTO ESPERAMOS QUE O TEMA "CABAZAS" ESTEA REMATADO.

jueves, 27 de octubre de 2011

UNHA NOVA VISIÓN DE EU COCIÑO, TI COCIÑAS?... NA "REVISTA" DA TVG

ONTE MENTRAS SE FACÍA A CONEXIÓN  CO PROGRAMA "A REVISTA" EN DIRECTO, OUTRA CÁMARA GRAVABA AO PROPIO CÁMARA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS OUTRA VISIÓN DO PROGRAMA DE ONTE (COMO VIVIMOS O ANTES E O DURANTE, OS NERVIOS, A ESPERA,... E ALGÚNS DETALLES QUE  NO PROGRAMA POR SER "EN DIRECTO" NON SE PERCIBIRON).

video

MOITAS GRAZAS!!! 
A BIBI, JULIO, DIEGO, MANUEL E TATI, POLA VOSA AMABILIDADE E ATENCIÓN. 
FOI UN PRACER GRAVAR UN PROGRAMA CON VÓS!!!

AQUÍ ESTAMOS... NA AULA 9

A AULA 9 ENCARGOUNOS ONTE "CREMA DE CABAZA" E HOXE FUMOS A SÚA AULA.
MENUDOS COMENSAIS OS NEN@S DE 3 ANOS, COMEN MOI MOI MOI BEN, ACABÁRONO TODO, NON DEIXARON NADIÑA!

AQUI OS DEIXAMOS UN VÍDEO, 
PARA QUE VEXADES QUE ÉXITO TIVO A CREMA DE CABAZA ENTRE OS MÁIS PEQUENOS DO COLEXIO.

video

MOITAS GRAZAS PROFE BERTA E NEN@S DE 3 ANOS A.
QUE SERÍA DO RESTAURANTE COKI SEN OS NOSOS CLIENTES.

miércoles, 26 de octubre de 2011

EU COCIÑO, TI COCIÑAS? NO PROGRAMA "A REVISTA"

HOXE VISITOUNOS O PROGRAMA "A REVISTA" DA TVG.



REALIZAMOS UN PROGRAMA EN DIRECTO DENDE A NOSA AULA E PARA ISO COCIÑAMOS "CREMA DE CABAZA".
 

SE QUEREDES VER O BEN QUE O FIXEMOS DEIXAMOS A CONTINUACIÓN O ENLACE. FORON DÚAS CONEXIÓNS UNHA NO MINUTO 02:20 E OUTRA NO MINUTO 15:30.


"CREMA DE CABAZA"
TIPO DE PRATO: 1º PRATO
DIFICULTADE: MEDIA
GUSTÓMETRO: RICO



UNHA VEZ MÁIS MOITOS PARABÉNS COCIÑEIR@S!!!

martes, 25 de octubre de 2011

SOAMENTE FALTA 1 DÍA!!!

E XA TEMOS TODO LISTO, INGREDIENTES, UTENSILIOS,...
E A CANCIÓN "CREMA DE CABAZA" (MÚSICA E VOZ: MAMACABRA)
SE QUERES VER E ESCOITAR UN ADIANTO DA MESMA, PREME NO SEGUINTE VÍDEO.


video


QUE BEN CANTADES COCIÑEIR@S!, 
ESTOU SEGURA DE QUE MAÑÁ O IDES FACER IGUAL DE BEN.

MENÚS DO DÍA

O DÍA 24-10-11 O MENÚ DO DÍA ELEXIDO FOI:

                 

E O DÍA 25-10-11 O MENÚ DO DÍA FOI:


BO TRABALLO COCIÑEIR@S!!!

lunes, 24 de octubre de 2011

FALTAN 2 DÍAS!!!

XA TEMOS CASE TODO LISTO, TEMOS CANCIÓN (GRAZAS MAMACABRA) E
TEMOS INGREDIENTES (GRAZAS FAMILIAS).

PORROS, TOMATES, CENORIAS, CEBOLAS, CABAZA
ALGÚNS NEN@S O INGREDIENTE QUE LLES TOCOU TRAER O RECOLLERON NA HORTA DOS SEUS AVÓS, TEÑEN UNHA PINTA BOÍSIMA, QUE SORTE TEMOS DE PODER DEGUSTAR PRODUCTOS CASEIROS!!!
 


MMMMMMM... QUE RICA CREMA DE CABAZA IMOS COCIÑAR CON PRODUCTOS RICOS, RICOS, RICOS!!!

domingo, 23 de octubre de 2011

PAIXASES CON ARTE

HOXE RECIBIMOS UN EMAIL DUNHA MAMÁ, CUN ENLACE A FOODSCAPES DO FOTÓGRAFO CARL WARNER. ESTE EMPREGANDO ÚNICAMENTE ALIMENTOS CREOU DIFERENTES ESCENARIOS. SEN LUGAR A DÚBIDAS ESPECTACULAR!


MOITÍSIMAS GRAZAS CELSY POR COMPARTIR CON NÓS ESTE ENLACE.

FALTAN 3 DÍAS!!!

PARA O NOVO PROGRAMA DE COCIÑA!!

QUE IMAXINADES QUE IMOS COCIÑAR? 
POIS SI, CON TANTO INTERESE POLAS  CABAZAS TIÑAMOS QUE FACER UNHA RECEITA CON ELAS. ASÍ QUE O MÉRCORES IMOS PREPARAR...

"CREMA DE CABAZA"

ESTE PROGRAMA VAI SER MOIIIIIIIII ESPECIAL, NON VAI SER UN PROGRAMA CALQUERA...

POR QUE?

XA O VEREDES, VEN CARGADO DE NOVIDADES. E ADEMÁIS, COMO MOITOS SABEDES SERÁ EMITIDO EN DIRECTO POLA TVG NO PROGRAMA "A REVISTA".

MAÑÁ MÁIS...

viernes, 21 de octubre de 2011

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA, QUE CHEGOU HOXE A CLASE?

SÍ, ASÍ É, NON O DUBIDEDES, CHEGARON MÁIS CABAZAS, UN TOTAL DE 3.

ESTA VEZ TOCOULLE O TURNO A CABAZA DE MARÍA, ANTONIO E OUTRA VEZ LEILÍA (NON QUERE TER SOAMENTE A MÁIS PEQUENA). 

    
     MARÍA, ANTONIO, LEILÍA

PESÁMOLAS E ORDEÁMOLAS. A DE MARÍA TEN 4 CIFRAS NO SEU PESO PERO NON SUPERA A DE EMMA, ACADOU A 2ª POSICIÓN POR DIANTE DA DE JESÚS MARÍA. A NOVA DE LEILÍA ACADOU UNHA 3ª POSICIÓN E A DE ANTONIO AINDA QUE O SEU PESO TIÑA CATRO CIFRAS QUEDOU POR DETRÁS DA DE CARLA VÁZQUEZ.
                             
                                      
SEGUE NA 1ª POSICIÓN NO RANKING DA CABAZA MÁIS PESADA  A CABAZA DE EMMA.
                           
                                       EMMA, MARÍA, LEILÍA, JESÚS Mª, CARLA VA., ANTONIO, IKER




PERO A HIPÓTESE...   CANTO PESA A CABAZA MÁIS GRANDE?   CONTINUAMOS SEN RESOLVER

CONTINUARÁ...

O RESTAURANTE COKI NON PECHA NIN OS VENRES

COMO VAI PECHAR O RESTAURANTE COKI OS VENRES SE OS NOS@S COCIÑEIR@S SON MOIIIIIIIIIII TRABALLADORES NAS SÚAS CASAS!
HOXE 10 NEN@S TROUXERON MENÚ DO DÍA
NOVO RÉCORD PARA O RESTAURANTE COKI!


O MENÚ DO DÍA DE HOXE 21-10-11 FOI:


PARABÉNS COCIÑEIR@S CADA DÍA O FACEDES MELLOR!!!

jueves, 20 de octubre de 2011

E MÁIS CABAZAS...

E SEGUEN CHEGANDO CABAZAS A AULA. NESTA OCASIÓN FORON AS CABAZAS DE LEILÍA E JESÚS MARÍA; A DE LEILÍA RESULTOU SER A MÁIS PEQUENA E A DE JESÚS MARÍA ACADOU A 2ª POSICIÓN.





AO FINAL ORDEAMOS TODAS AS CABAZAS FACENDO UNHA SERIACIÓN.                                    
     

A HIPÓTESIS PLANTEXADA SEGUE SEN SOLUCIÓN:          
                               
                              CANTO PESA A CABAZA MÁIS GRANDE?


PRIMEIROS PLANTEXAMENTOS


 NENO.-  SERÁ A DE EMMA?  

 NENA.- NOOOOOOON, O MEU AVÓ TEN UNHA QUE NIN SE MOVE CUNHA PERNA. A DE EMMA NON É A MÁIS GRANDE.


NENA.- A MÁIS GRANDE NON SEI PROFE, PERO A MÁIS PEQUENA É A DE LEILÍA PORQUE É BEN PEQUENA. 


NENO.- NOOOOONNNNN QUE A SEMILLA DA CABAZA É A MÁIS PEQUENA.


PROFE.- A SEMILLA É UNHA CABAZA?

CONTINUARÁ...

ESTAMOS QUE NOS SAÍMOS...

HOXE HOUBO 8 MENÚS DO DÍA, NOVO RÉCORD!!!
                

OS COCIÑEIR@S XA TRAEN MENÚS A PARES, PARA TER MÁIS POSIBILIDADES DE QUE SE ESCOLLA O SEU MENÚ DO DÍA.
HOXE O ELEXIDO FOI:
               
                   MENÚ DO DÍA (20-10-11)


                          PARABÉNS COCIÑEIR@S!

miércoles, 19 de octubre de 2011

RÉCORD... NO MENÚ DO DÍA

HOXE TIVEMOS RÉCORD NESTE CURSO DE NEN@S QUE TROUXERON MENÚ DO DÍA, É DICIR, RÉCORD EN NEN@S QUE QUEREN "COCIÑAR" NO RESTAURANTE COKI.  
     
                    
                 
UN TOTAL DE 6 MENÚS DO DÍA, ALGÚN NEN@ TROUXO 2.
DE ENTRE TODOS ESCOLLIMOS UN, ESTE FOI O ELEXIDO:

                      MENÚ DO DÍA                  
                         (19- 10 11)                                FEITO NA CASA
              


                            PARABÉNS COCIÑEIR@S!

CABAZAS!

ESTAMOS ACHEGÁNDONOS AO SAMAÍN.
HOXE CARLA VA. TRÓUXONOS OUTRAS DÚAS CABAZAS, COLLEUNAS ELA NA SÚA HORTA.
PESÁMOLAS E COMPARÁMOLAS COAS QUE TIÑAMOS; SON MÁIS GRANDES CA DE IKER E MÁIS PEQUENAS CA DE EMMA.



CANTO PESARÁ A CABAZA MÁIS GRANDE? PREGUNTOU UN NEN@.

PREGUNTA QUE QUEDOU SEN RESOLVER E QUE EN SUCESIVAS XORNADAS TRATAREMOS DE RESPONDER.

martes, 18 de octubre de 2011

CANCIÓN... O TOMATE É IMPORTANTE

ESTA É A CANCIÓN PARA O PROGRAMA 1 DA 2ª TEMPADA "TOMATES RECHEOS". FÍXOA MAMÁCABRA POR ENCARGO PARA NÓS.
MOITISIMASSSSSSSSSSSSSS GRAZASSSSSSSSSSSSSSS!!!


PROGRAMA 10 DA 1ª TEMPADA

NO PROGRAMA 10 DA 1ª TEMPADA COMO XA COMENTAMOS NOUTRA ENTRADA TIVEMOS UN INVITADO MOI ESPECIAL, O COCIÑEIRO BENIGNO DO PROGRAMA "LARPEIROS" DA TVG. 

(como todos os vídeos que subimos, debido ao peso do mesmo tivemos que reducir a súa calidade)
                                           

video
                               

                                                                           PIZZA
                                                        TIPO DE RECEITA: 2º PRATO
                                                             DIFICULTADE: MEDIA
                                                           GUSTÓMETRO: MOI RICA

lunes, 17 de octubre de 2011

ALIMENTOS MINERAIS

HOXE COMEZAMOS A COÑECER CARACTERÍSTICAS  DOS ALIMENTOS. CLASIFICÁMOLOS ATENDENDO A SÚA ORIXE EN: ANIMAL, VEXETAL E MINERAL.
DENTRO DOS DE ORIXE MINERAL ATÓPASE A AUGA. E PARA SORPRESA DE TOD@S (INCLUÍDAS ALGUNHAS PROFES) TROUXEMOS AO RESTAURANTE COKI UNHA BOTELLA DE AUGA DE CABREIROÁ COLLIDA DO PROPIO MANANTIAL QUE ESTÁ EN VERÍN (OURENSE). A ULIMOS E PROBAMOS, NIN PARECIDA A QUE SE COMPRA NAS TENDAS, A UNS LLE CHEIRABA A OVOS PODRIDOS A OUTROS A FROITA,... AO DEGUSTALA A UNS LLE DABAN GANAS DE VOMITAR E OUTROS QUIXERON REPETIR. COMO EN TODO O QUE DEGUSTAMOS, HOUBO DIFERENCIAS DE OPINIÓNS.



 
             

MENÚS DO DÍA

O RESTAURANTE COKI SEGUE ABERTO!

  MENÚ DO DÍA (14-10-11)


                        MENÚ DO DÍA (17-10-11)

CABAZA, CABACIÑA

HOXE DOUS COMPAÑEIR@S TROUXÉRONOS CABAZAS DAS CASAS DAS SÚAS AVOAS. UNHA ERA PEQUENA E OUTRA ERA GRANDE. APROVEITAMOS PARA FACER ESTIMACIÓNS, COMPARACIÓNS, REXISTRAMOS CANTIDADES,... E ADEMÁIS AS PESAMOS  NA NOSA NOVA BÁSCULA. A CABAZA PEQUENA PESOU 628 g. E A GRANDE 3642 g.

   


COMENTARIO PARA LEMBRAR.-
"É IMPOSIBLE QUE A CABAZA PEQUENA PESE MÁIS CA MIN, EU PESO 25 E A CABAZA 628?"

domingo, 16 de octubre de 2011

O TWIST DOS ALIMENTOS

O GRUPO MUSICAL CANTAJUEGOS NUN DOS SEUS ÚLTIMOS TRABALLOS PRESENTA "EL TWIST DE LOS ALIMENTOS". SEN LUGAR A DÚBIDAS ESTA CANCIÓN É UN ÉXITO ENTRE OS NEN@S.



                                      


IMOS APROVEITAR ESTA CANCIÓN COMO ELEMENTO MOTIVADOR PARA INTRODUCIR A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS, IMPORTANTE ELEMENTO QUE DEBEN COÑECER OS NEN@S PARA ADQUISICIÓN DUN COÑECEMENTO CRÍTICO SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

QUE SABERÁN E QUE QUERÁN SABER DAS PIRÁMIDES DOS ALIMENTOS OS NEN@S?  

viernes, 14 de octubre de 2011

PEMENTOS E CENORIAS

NESTE TRIMESTRE  NO RESTAURANTE COKI ESTAMOS A COCIÑAR PRATOS CON VERDURAS NOS "MENÚS DO DÍA".

HOXE UNHA COMPAÑEIRA TRÓUXONOS PEMENTOS DO SEU AVÓ E OUTRO COMPAÑEIRO CENORIAS E CALABACÍN.
OS PEMENTOS FRITÍMOLOS E AS CENORIAS LIMPÁMOLAS PRIMEIRO, DESPOIS CORTÁMOLAS COMA PATACAS E FRITÍMOILAS. ESTABAN BOÍÍÍÍSIMAS!!!
O CALBACÍN DEIXÁMOLO PARA OUTRO DÍA.
COMO CALQUERA PRATO QUE COCIÑAMOS O FIXEMOS EN EQUIPOS DE COCIÑA E AO FINAL ESCRIBIMOS A SÚA RECEITA.

EN XERAL TOD@S @S NEN@S DEGUSTARON AS CENORIAS E OS PEMENTOS.
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

COMENTARIO PARA LEMBRAR.- "A MIN AS CENORIAS DE PATACAS LARANXAS GÚSTANME". 
                                                                    1º PELAR

                                                                  2º CORTAR

                                                                    3º FRITIR

                                                                 4º COMER

5º ESCRIBIR RECEITA
  
PEMENTOS E CENORIAS
TIPO DE PRATO: 1º PRATO
DIFUCULTADE: SINXELA
GUSTÓMETRO: POUCO RICO