miércoles, 30 de noviembre de 2011

XOGAMOS... ÁS ADIVIÑAS

HOXE ESTEBAN E EMMA TROUXERON 
AO RESTAURANTE COKI...
AS ALCACHOFAS AS COÑECÍAN OS COCIÑEIR@S
PERO O QUE TROUXO ESTEBAN...
NUNCA VÍRAMOS NADA IGUAL!!!
ESTEBAN DÍXONOS O SEU NOME E ALGUNHA COUSA MAÍS, DESPOIS BUSCAMOS MÁIS CARACTERÍSTICAS E FIXEMOS UNHA ADIVIÑA ENTRE TOD@S @S COCIÑEIR@S...
TAMÉN FIXEMOS DÚAS VÍDEO-CHAMADAS
PARA XOGAR ÁS ADIVIÑAS COA AULA 1 E COA MAMÁ DE LEIRE.
QUE DIVERTIDO!!! 
NINGUÉN ACERTABA DE QUE SE TRATABA...
PERO TODOS O FIXERON XENIAL.
O IMPORTANTE ERA INTENTALO E MOSTRAR INTERESE,
NON ADIVIÑALO.
ERA MOI, MOI, MOI DIFÍCIL!!!
video
AH!!! 
POR CERTO, DEGUSTAMOS ESTE NOVO ALIMENTO E...
MMMMMMMM.....
QUE RICO!!!
MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN!!!
O NOSO TRABALLO SEN A VOSA COLABORACIÓN NON SERÍA O MESMO.

martes, 29 de noviembre de 2011

HOXE TEMOS...

HOXE APARECEU NO RESTAURANTE COKI DOUS ....
FIXEMOS UNHA VÍDEO-CHAMADA A AULA 1...
E NOS DIXERON QUE SE CHAMABAN CAQUIS

LOGO PREGUNTÁMONOS DE ONDE "SAÍAN OS CAQUIS"...
COMO NINGUÉN RESPONDÍA...
CHAMAMOS A SUSANA, QUE NOS DEU A RESPOSTA A NOSA PREGUNTA PLANTEXADA: 
COCIÑEIR@S.- DE ONDE SAEN OS CAQUIS?
SUSANA.- DUNHA ÁRBORE QUE TEN MOITAS FOLLAS

video

POR ÚLTIMO BUSCAMOS A IMAXE DA ÁRBORE DO CAQUI.
ESTA É A ARBORE QUE BUSCARON E ELIXIRON EN GOOGLE EMMA E ALEJANDRO S.
NORABOA COCIÑEIR@S.
MOI BOA ELECCIÓN!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
SEN A VOSA AXUDA, SERÍANOS IMPOSIBLE CHEGAR A SOLUCIÓN.

REDACTORES EMMA E ALEJANDRO S.

lunes, 28 de noviembre de 2011

2º PROGRAMA... OS COGUMELOS REBOZADOS

E AQUÍ ESTÁ O 2º PROGRAMA DA 2ª TEMPADA, ONDE COCIÑAMOS...
 

COGUMELOS REBOZADOS!!!
video
COGUMELOS REBOZADOS
TIPO DE RECEITA: 2º PRATO
DIFICULTADE: MEDIA
GUSTÓMETRO: RICO

QUÉ ÉXITO TIVERON OS COGUMELOS REBOZADOS!!! 
TANTO NO COLE COMO NAS CASAS.

PARA MAIOR PARTE DOS COCIÑEIR@S ESTE FOI O PRIMEIRO DÍA QUE COMERON COGUMELOS, PERO DENDE ESE DÍA, XA OS COCIÑARON E REPETIRON NAS SUAS CASAS...
SEN LUGAR A DÚBIDAS OS COGUMELOS REBOZADOS SON O PRATO REVELACIÓN DOS COCIÑEIR@S NESTE OUTONO!!!

HOXE CANTAMOS CON...

HOXE ESTIVEMOS NUN CONCERTO DE 
MAMÁ CABRA.
É UN DOS NOSOS GRUPOS DE MÚSICA FAVORITOS E A SÚA VOCALISTA É A NOSA PROFE DE MÚSICA (A QUE CANTA TODAS AS NOSAS CANCIÓNS DE EU COCIÑO, TI COCIÑAS?)
SABEMOS TODALAS CANCIÓNS (OU CASE TODAS), AS DE COCIÑA E ALIMENTOS SABÉMOLAS MELLOR...
AO REMATAR O CONCERTO PEDÍMOSLLE AO GRUPO QUE CANTARA CONNOSCO A CANCIÓN CABECEIRA DO NOSO PROGRAMA "EU COCIÑO, TI COCIÑAS?".
video
MOITÍSIMAS GRAZAS MAMÁ CABRA, FOI UN PRACER ESTAR NO VOSO CONCERTO.
ATA A PRÓXIMA!!! 
QUE ESPERAMOS QUE SEXA PRONTO!!!

NOVO... ALIMENTO DESCOÑECIDO

HOXE CHEGOUNOS UN "NOVO" ALIMENTO DESCOÑECIDO...
E COMO NINGUÉN SABÍA DE QUE SE TRATABA...
DECIDIMOS FACER UNHA VÍDEO-CHAMADA...

PRIMEIRO Á MAMÁ DE EMMA, PERO ELA NON SABÍA A RESPOSTA. DESPOIS A MAMÁ DE VANESSA E SOFÍA, ELA DECÍA QUE O HABÍA PROBADO PERO QUE NON SE LEMBRABA DO SEU NOME. 
NON HABÍA NINGUÉN MÁIS CONECTADO PARA CHAMAR...

ASÍ QUE...

CINCO COMPAÑEIR@S LEVARON "ESTE ALIMENTO NON DEFINIDO" AS SÚAS CASAS PARA INVESTIGAR...

SABEREMOS MAÑÁ O NOME DESTE ALIMENTO?

MOITAS GRAZAS FAMILIAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN

sábado, 26 de noviembre de 2011

III XORNADAS DE... PORTAS ABERTAS

HOXE NO RESTAURANTE COKI 
COCIÑAMOS CON NEN@S DE 4 ANOS DA AULA 1.
E... CON ALGÚN MÁIS DE 3 ANOS DA AULA 9.

PREPARAMOS "ZUMEZETO"
video
ZUMEZETO
TIPO DE RECEITA:1º PRATO
DIFICULTADE: SINXELA
GUSTÓMETRO: RICO

AO FINAL COMO EN TODAS AS RECEITAS...
ESCRIBIMOS OS INGREDIENTES E O PROCESO


E DESTACAR...
QUE COMO CASE TODO O QUE COCIÑAMOS O..
 ZUMEZETO
TRIUNFOU ENTRE TOD@S OS DEGUSTADORES.

MOITÍSISIISISIMOS PARABÉNS A TOD@S @S COCIÑEIR@S 
DESTA XORNADA!!!
O FIXERON XENIAL!!!

jueves, 24 de noviembre de 2011

VÍDEO-CHAMADA???

HOXE NO RESTAURANTE COKI RECIBIMOS UN AGASALLO (ALIMENTO) DE CHUS. NON TIÑAMOS CLARO DE QUE ALIMENTO SE TRATABA...
ASÍ QUE OS COCIÑEIR@S DECIDIRON QUE O MELLOR ERA PREGUNTAR...
PERO NON DE CALQUERA FORMA...
E ASI FOI, 
MIRADE...
video
DESPOIS DE RESOLVELA CUESTIÓN;
ILUSTRAMOS E DESCRIBIMOS O ALIMENTO.
XENIAL COCIÑEIR@S!!!
SEGUIDE ASÍ!!!

A FROITA AZUL... ARÁNDONOS

MOITAS GRAZAS EMMA E ANÓNIMO POLA VOSA AXUDA!
HOXE BUSCAMOS EN INTERNET A IMAXE DOS ARÁNDANOS, E É CERTO QUE OS HAI AZUÍS.
MIRADE... ESTA É A FOTO QUE MÁIS NOS GUSTA DOS ARÁNDANOS


A ATOPARON... OS COCIÑEIR@S NICO E IKER
BO TRABALLO!!

miércoles, 23 de noviembre de 2011

HOXE CHEGOU...

E CHEGOU... 
OUTRO ALIMENTO 
QUE SORTE TEMOS!!!
HOXE LEIRE TRÓUXONOS UN "ALIMENTO". A MAIOR PARTE DOS COCIÑEIR@S NUNCA O VIRAN NIN O PROBARAN...

OBSERVAMOS A SÚA FORMA, O SEUS COLORES,... ULIMOS E PROBAMOS.


COMO EN TODAS AS ACTIVIDADES HABÍA RESPOSTAS PARA TODOS OS GUSTOS.
video
MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR DÍA A DÍA!!!
(A VOSA IMPLICACIÓN  É FUNDAMENTAL NUNHA ESCOLA ABERTA)

UNHA PREGUNTA... DE INVESTIGACIÓN

ALGUÉN NOS PODE AXUDAR?

HOXE IKER DISO QUE CAVIA UNAFRUTA DE COR ACUL.

ESTARÁ NO CERTO...?
MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN POR AXUDARNOS A RESOLVER 
ESTA PREGUNTA...
(REDATORES IKER,  MANUEL,  JESUS  MARIA)

martes, 22 de noviembre de 2011

1º PROGRAMA... TOMATES RECHEOS

E XA TEMOS LISTO O...
1º PROGRAMA DA 2ª TEMPADA 
"TOMATES RECHEOS".

COMO SABEDES NO MES DE OUTUBRO COCIÑAMOS TOMATES RECHEOS PARA O 1º PROGRAMA DA 2ª TEMPADA DE EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

HOXE DESPOIS DE COCIÑAR DÚAS RECEITAS, GRAVAMOS A PRESENTACIÓN DOS PROGRAMAS 1 E 2. PARA ISO... (REPARTIMOS TAREFAS, LEMBRAMOS PROCESOS DE ELABORACIÓN E INGREDIENTES,... )
E MIRADE AQUÍ TEMOS...

O PROGRAMA 1.- TOMATES RECHEOS

video
TOMATES RECHEOS
TIPO DE RECEITA: 1º PRATO
DIFICULTADE: MEDIA
GUSTÓMETRO: RICO

COCIÑEIR@S... MOI BO TRABALLO!!!

COMPARTIMOS... CAYOTAS

HOXE NO BLOG, TIÑAMOS UN COMENTARIO DOS NEN@S DA AULA 1, INTERESADOS EN COÑECER COMO ERA O ALIMENTO QUE PROBARAN ANTES DE COCIÑAR...
COMA NOS SOBRARON TRES... OS COCIÑEIR@S NON DUBIDARON EN NINGÚN MOMENTO EN LEVARLLES UN EXEMPLAR DE CAYOTA.
E ASÍ FOI... TAN RÁPIDO COMO LIMOS O COMENTARIO, XA ESTÁBAMOS NA AULA 1.
COMPARTIR XOGOS, CANCIÓNS, CONTOS,... 
E POR QUE NON CAYOTAS?
NORABOA COCIÑEIR@S POR SER COMPAÑEIR@S! 

II XORNADA DE... PORTAS ABERTAS

NESTA XORNADA TIÑAMOS CITA COS NEN@S DE 5 ANOS DA AULA 2, PARA COCIÑAR CAYOTAS (CHAYOTAS, PATATAS CHINAS, PATATAS DO AIRE,... )

AO BLOG CHEGÁRONNOS RECEITAS PARA COCIÑAR ESTE ALIMENTO (MOITAS GRAZAS), PERO POR RAZÓNS "TÉCNICAS"(FALTA DALGÚN QUE OUTRO ELECTRODOMÉSTICO) DECIDIMOS ELEBORAR UNHA RECEITA MÁIS SINXELA "BROCHETAS DE CAYOTAS COKIS".





CONVIDAMOS AOS COMPAÑEIR@S DAS AULAS 1 E 7, XA QUE COS CARTOS QUE NOS DERON POLAS CASTAÑAS, MERCAMOS PALILLOS PARA FACER AS BROCHETAS.
MOITAS GRAZAS POR DEGUSTAR AS NOSAS RECEITAS!!!
É UN PRACER COCIÑAR PARA VÓS. SEMPRE ESTADES DISPOSTOS A PROBAR OS NOSOS PRATOS.

video
BROCHETA DE CAYOTA COKIS
TIPO DE RECEITA: 1º PRATO
DIFICULTADE. SINXELA
GUSTÓMETRO: RICO


COMENTARIO PARA LEMBRAR:
"ESTA CAYOTA SABE COMO UNHA PATATA DE PASTEL, E MOI DOCE"
NORABOA A TOD@S!!!
BO TRABALLO!

viernes, 18 de noviembre de 2011

2º PROGRAMA... DA 2ª TEMPADA

HOXE COCIÑAMOS...

A VER SE O ADIVIÑADES???

MOI, MOI , MOI, RICOSSSSSSSSSSSS

UN ADIANTO...
PARA A MAIOR PARTE DOS COCIÑEIR@S HOXE ERA A PRIMEIRA VEZ QUE OS PROBABAN, E DE SEGURO QUE NON VAI A SER A ÚLTIMA. 
FOI UN EXITAZO!!!
PARA A SEMANA XA O VEREDES NO PROGRAMA!!!
ATA LOGO!!

UNHAS LECCIÓNS... DIFERENTES

UNHA DAS NOVIDADES (QUE XA MOITOS SABEDES) DESTA TEMPADA DE EU COCIÑO, TI COCIÑAS? E QUE O PROGRAMA O FACEMOS TAMÉN EN LINGUAXE DE SIGNOS, SIMULTANEÁNDOLO CO GALEGO E O INGLÉS.

NO NOSO COLEXIO HAI NEN@S QUE EMPREGAN A LINGUAXE DE SIGNOS PARA COMUNICARSE. GRAZAS A ELES, ONTE VISITOU O COLEXIO A ASOCIACIÓN ACOPROS (ASOCIACIÓN CORUÑESA DE PROMOCIÓN DO SORDO).

E... COMO OS COCIÑEIR@S ESTAMOS SEMPRE A PEDIR... 
APROVEITAMOS UNS MINUTIÑOS DO RECREO PARA TOMAR LECCIÓNS DE LINGUAXE DE SIGNOS.

video

MOITÍSIMASSSSSS GRAZAS ÁNGELA!!!
POLO TEU TEMPO E AMABILIDADE
FORON UN LUXO AS TÚAS LECCIÓNS.

ESPERAMOS VOLVER A VERTE...
POR VÍDEO OU NA AULA...
E... 
QUE SAIBAS... 
QUE TOD@S @S COCIÑEIR@S 
 QUEREN...
COÑECERTE!!!

jueves, 17 de noviembre de 2011

1º CONCERTAZO DE... EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

E AQUÍ ESTÁ O NOSO 1º CONCERTO DE COCIÑEIR@S. 
HOXE ENTRE TOD@S INTERPRETAMOS A AUDICIÓN DE KELTELBEY. TOCÁBAMOS A MEDIDA QUE VÍAMOS E ESCOITÁBAMOS, APOIÁNDONOS NO CONTOMUSICAGRAMA. CON ESTA ACTIVIDADE NON PRETENDÍAMOS "FACER MÚSICA CONVENCIONAL", SENON POLO CONTRARIO DESFRUTAR DA E COA MÚSICA (INTERPRETANDO, RESPETANDO TURNOS DE ACTUACIÓN, VIVENCIANDO O RITMO E A MELODÍA,... )
AÍNDA ASÍ TEÑO QUE DICIR QUE ESTES COCIÑEIR@S FORON...
TODOS UNS ARTISTAZ@S!!!!!
MIRADE... 
video

MOITISSISIISIISISISIMOS PARABÉNS!!!

ESTIMACIÓNS DO...

MAÑÁ IMOS COCIÑAR COGUMELOS E HOXE NELLY TRÓUXONOS UNS POUCOS QUE RECOLLERA O SEU IRMÁN. EXPLICOUNOS OS TIPOS DE COGUMELOS E CALES NON ERAN VENENOSOS (OS QUE TIÑAN ANEL). 

ADEMÁIS APROVEITAMOS PARA FACER ESTIMACIÓNS DO PESO DOS COGUMELOS.
1º EN GRUPO FACÍAMOS APOSTAS POLO PESO DO COGUMELO.
2º PESÁMOLO.
3º O NEN@ QUE MÁIS SE APROXIMABA INCORPORÁBASE NA SERIACIÓN QUE ÍAMOS FORMANDO CON TODOS OS COGUMELOS (DE MENOR A MAIOR PESO).
video

TAMÉN FIXEMOS UNHA ESTIMACIÓN DE TODOS OS COGUMELOS QUE TROUXO HOXE LEILÍA PARA COCIÑAR MAÑÁ,  E COMPARAMOS CO PESO DOS OUTROS COGUMELOS DE NELLY.


POR ÚLTIMO COMPARAMOS A SERIE DE COGUMELOS COA SERIE DE CABAZAS FEITA CON ANTERIORIDADE NA AULA, E ESTABLECIMOS UNHA RELACIÓN-PESO
CABAZA-COGUMELO.

UNHA VEZ MÁIS, NORABOA COCIÑEIR@S!!! 
BO TRABALLO.
(SENTIMOS QUE O DESENVOLVEMENTO DE TODAS AS TAREFAS NON SE POIDAN APRECIAR NOS VÍDEOS E NAS FOTOS, FORON RAZÓNS TÉCNICAS ALLEAS A NÓS)

miércoles, 16 de noviembre de 2011

DESCOÑECIDO... "ALIMENTO"

HOXE IKER TROUXO A PROBAR Á AULA "UN ALIMENTO". 
A PROFE PILI DÍ QUE SE CHAMA CHIRIMOYA, PERO IKER DICE QUE ASÍ NON SE CHAMA. ESTAMOS FEITOS UN LÍO!!!
 ANTES DE PROBAR... QUERÍAMOS SABER DE QUE SE TRATA, PARA PODER COCIÑALO DA MELLOR FORMA.
ASÍ QUE... DECIDIMOS ESPERAR A MAÑÁ, A VER SE O TIÑAMOS UN POUCO MÁIS CLARO.

UN CONTAMÚSICO... COCIÑEIRO

HOXE, DENTRO DO PROXECTO CONTAMÚSICOS 7, COÑECIMOS A
KELTELBEY.
E... POR QUE DECIMOS QUE É COCIÑEIRO?

- PORQUE LLE GUSTA COCIÑAR...  
- NON

-PORQUE COME MOITO...
- TAMPOUCO
...
- PORQUE COMPUXO UNHA AUDICIÓN TITULADA 
"NUN MERCADO PERSA". 
- SÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍ
NON SABEMOS SE VIVÍA EN PERSA, OU SE ÍA AO MERCADO, SE COCIÑABA BEN,... O QUE SÍ SABEMOS E QUE O MERCADO PERSA NON SE SEMELLA NADA AO DE SIGÜEIRO.
MIRADE PORQUE...

DESPOIS DE VER E DE ESCOITAR O CONTOMUSICOGRAMA, DECIDIMOS INTERPRETAR A AUDICIÓN, É DICIR, "SER MÚSICOS" E TOCAR. ASÍ QUE MANS A OBRA, COMEZAMOS... HOXE DISCRIMINAMOS SONS DA AUDICIÓN (PANDERETAS, FRAUTAS, TROMPETAS E CARRILLÓNS), BUSCAMOS INSTRUMENTOS,  REPARTIMOS TAREFAS E FIXEMOS OS PRIMEIROS ENSAIOS...
CONTINUARÁ...

E CHEGOU O... MICROSCOPIO

HOXE ANTONIO TROUXO Á AULA O MICROSCOPIO DO SEU IRMÁN ÁLVARO.
QUE GRAN ACONTECEMENTO!!!
NUNCA VÍRAMOS UNHA COUSA IGUAL!!!

CORTAMOS UNHA LÁMINA DE CAYOTA, PUXÉMOLA NO MICROSCOPIO E TOD@S A OBSERVAMOS; SEMELLÁBAMOS AUTÉNTICOS CIENTÍFICOS, SENON FORA POLOS COMENTARIOS,... (UNS MÁIS ACERTADOS QUE OUTROS, PERO NON ÍAN TAN MAL ENCAMIÑADOS)

MIRADE...
video

 CONCLUSIÓN:
- A CAYOTA POR DENTRO TEN CÍRCULOS DE COR MARRÓN E NARANXA.

MOITÍSIMAS GRAZAS ÁLVARO POR PRESTARNOS O TEU MICROSCOPIO!!!
FOINOS DE GRAN AXUDA.