DURANTE O CURSO 2010-11, LEVOUSE A CABO NA AULA XUNTO CON PILI E NELLY, UN PROGRAMA DE COCIÑA, EU COCIÑO, TI COCIÑAS?
ESTE PROGRAMA XURDE NUNHA REUNIÓN DUN GRUPO DE MESTRAS E NO MARCO DUN SEMINARIO PERMANENTE DO CFR DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
SEGURAS DA MOTIVACIÓN DOS "ALIMENTOS" E DAS POSIBILIDADES DIDÁCTICAS QUE OFRECE A "A COCIÑA" NOS ADENTRAMOS NO "ARTE DE COCIÑAR".
COMEZAMOS REALIZANDO RECEITAS SINXELAS (POUCOS UTENSILIOS E POUCOS INGREDIENTES), E POUCO A POUCO FORONSE COMPLICANDO TANTO NA SÚA REALIZACIÓN COMA NOS INGREDIENTES.
POSTERIORMENTE A CADA RECEITA ELABOROUSE O SEU RESPECTIVO PROGRAMA TV DE COCIÑA EN FORMATO VÍDEO-AUDIO. PARA ISO TIVEMOS QUE PRESENTAR, LEMBRAR, REDACTAR, ELABORAR LETRAS E BUSCAR MELODÍAS,... ESTAS TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CON AXUDA, FORON ARRANXADAS, CANTADAS E TOCADAS POR GLORIA DO GRUPO INFANTIL MAMACABRA.
ESTOS PROGRAMAS FORON TODO UN ÉXITO ENTRE OS NENOS/AS, AS FAMILIAS E TODO AQUEL QUE TIVO A OPORTUNIDADE DE VELOS.
POUCO A POUCO IREMOS SUBINDO OS PROGRAMAS DO CURSO PASADO E AS NOVIDADES, PORQUE NESTE CURSO VOLVEMOS A COCIÑAR!!!
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario