MAÑÁ IMOS COCIÑAR COGUMELOS E HOXE NELLY TRÓUXONOS UNS POUCOS QUE RECOLLERA O SEU IRMÁN. EXPLICOUNOS OS TIPOS DE COGUMELOS E CALES NON ERAN VENENOSOS (OS QUE TIÑAN ANEL).
ADEMÁIS APROVEITAMOS PARA FACER ESTIMACIÓNS DO PESO DOS COGUMELOS.
1º EN GRUPO FACÍAMOS APOSTAS POLO PESO DO COGUMELO.
2º PESÁMOLO.
3º O NEN@ QUE MÁIS SE APROXIMABA INCORPORÁBASE NA SERIACIÓN QUE ÍAMOS FORMANDO CON TODOS OS COGUMELOS (DE MENOR A MAIOR PESO).
TAMÉN FIXEMOS UNHA ESTIMACIÓN DE TODOS OS COGUMELOS QUE TROUXO HOXE LEILÍA PARA COCIÑAR MAÑÁ, E COMPARAMOS CO PESO DOS OUTROS COGUMELOS DE NELLY.
POR ÚLTIMO COMPARAMOS A SERIE DE COGUMELOS COA SERIE DE CABAZAS FEITA CON ANTERIORIDADE NA AULA, E ESTABLECIMOS UNHA RELACIÓN-PESO
CABAZA-COGUMELO.
UNHA VEZ MÁIS, NORABOA COCIÑEIR@S!!!
BO TRABALLO.
(SENTIMOS QUE O DESENVOLVEMENTO DE TODAS AS TAREFAS NON SE POIDAN APRECIAR NOS VÍDEOS E NAS FOTOS, FORON RAZÓNS TÉCNICAS ALLEAS A NÓS)
No hay comentarios:
Publicar un comentario