jueves, 17 de noviembre de 2011

ESTIMACIÓNS DO...

MAÑÁ IMOS COCIÑAR COGUMELOS E HOXE NELLY TRÓUXONOS UNS POUCOS QUE RECOLLERA O SEU IRMÁN. EXPLICOUNOS OS TIPOS DE COGUMELOS E CALES NON ERAN VENENOSOS (OS QUE TIÑAN ANEL). 

ADEMÁIS APROVEITAMOS PARA FACER ESTIMACIÓNS DO PESO DOS COGUMELOS.
1º EN GRUPO FACÍAMOS APOSTAS POLO PESO DO COGUMELO.
2º PESÁMOLO.
3º O NEN@ QUE MÁIS SE APROXIMABA INCORPORÁBASE NA SERIACIÓN QUE ÍAMOS FORMANDO CON TODOS OS COGUMELOS (DE MENOR A MAIOR PESO).
video

TAMÉN FIXEMOS UNHA ESTIMACIÓN DE TODOS OS COGUMELOS QUE TROUXO HOXE LEILÍA PARA COCIÑAR MAÑÁ,  E COMPARAMOS CO PESO DOS OUTROS COGUMELOS DE NELLY.


POR ÚLTIMO COMPARAMOS A SERIE DE COGUMELOS COA SERIE DE CABAZAS FEITA CON ANTERIORIDADE NA AULA, E ESTABLECIMOS UNHA RELACIÓN-PESO
CABAZA-COGUMELO.

UNHA VEZ MÁIS, NORABOA COCIÑEIR@S!!! 
BO TRABALLO.
(SENTIMOS QUE O DESENVOLVEMENTO DE TODAS AS TAREFAS NON SE POIDAN APRECIAR NOS VÍDEOS E NAS FOTOS, FORON RAZÓNS TÉCNICAS ALLEAS A NÓS)

No hay comentarios:

Publicar un comentario